Cada vez que compramos un compoñente de hardware para o noso ordenador, xogamos á lotería do silicio. Seguro que escoitáchedes esta frase múltiples veces pero ao mellor non sabedes qué significa nin a qué fai referencia. En este artículo volo vamos explicar de manera sinxela para que o podades entender todos.
Antes de explicar qué é a lotería do silicio imos explicar un pouco cómo se fabrica un procesador.
O proceso comeza co silicio, que é a materia prima de todo e procesador. Este silicio métese en fornos, onde se funde e, tras purificar e eliminar as impurezas do mineral, o material fundido vértese en moldes onde se arrefría e cristalízase, formando un monocristal de gran tamaño. Este monocristal logo se corta en finas rodaxas que formarán as famosas obleas (wafers), que se pulirán e doparán con productos químicos para, finalmente, pasar ás máquinas de litografía que encárganse de ir imprimindo os circuitos na superficie de silicio da oblea.
Nembargantes, por moi perfecto que se realice o traballo e por moi limpas que sexan as salas onde se fabrican, a pureza do silicio non é exactamente igual en todalas partes da oblea.
A lotería do silicio fai referencia á calidade da zoa da oblea
Como norma xeral, os procesadores que se fabrican sobre partes da oblea onde o silicio é máis puro e presenta menos imperfeccións na súa estrutura cristalina, adoitan ser os mellores procesadores de dita oblea, dado que adoitan requirir unha voltaxe para o seu núcleo (Vcore) menor co do resto de procesadores da oblea, e estos adoitan ser por norma xeral os que estean na zoa central de ésta. Un menor vCore significa co procesador necesita menos enerxía para traballar, polo que vai funcionar máis fresco e, no caso de ser un modelo que teña a capacidade de overclock, é moi probable que sexa capaz de subir máis se lle aplicamos a mesma voltaxe que a outros procesadores.
Nunha oblea de silicio, para o usuario é imposible saber de boas a primeiras cál é a pureza das súas seccións, así que é unha auténtica lotería do silicio á que xogamos cada vez que compramos un novo procesador e o montamos na nosa placa base, xa que nos pode tocar un procesador normal e corrente (que é o máis probable), ou ben o que en España denominamos un «Pata Negra».
Por suposto, todo o que os acabamos de explicar é aplicable tamén aos núcleos das tarxetas gráficas, dado que se fabrican empregando os mesmos procedementos que os procesadores, aínda que nestas sí que se pode saber «máis ou menos» a calidade vendo o séu ASIC (con utilidades como GPU-Z pódese saber).
No hay comentarios:
Publicar un comentario